domingo, 26 de septiembre de 2010

Segunda xornada de liga Monfero C.F. 0 - As Pontes B 0

Monfero 0 - As Pontes B 0

Un partido con máis emocións que fútbol. Cunha primeira parte moi igualada na que Samba por parte do Monfero disporía de dúas boas ocasións, unha coa testa e outra cun bo disparo dende fóra da área, que non acabarían en gol. As Pontes reaccionaría dispoñendo dalgunha outra ocasión.

Xa na segunda parte o guión non mudaría moito e as ocasións brilarían pola súa ausencia. As Pontes B disporía de algunha situación máis, sobre todo a balón parado.

O partido rematou cun empate a ceros que era o máis xusto despois do visto no campo e o Monfero lévase un puntiño que sabe bastante ben.

Ánimo rapaces e a pola primeira victoria da tempada!

martes, 21 de septiembre de 2010

Caranza 2 - Monfero C.F. 1

A liga comeza cunha derrota que puido ser un empate no campo do Caranza:

Caranza 2 - Monfero 1

O partido comenzou cun forte dominio do Caranza que durou toda a primeira parte. Cun xogo combinativo e xerando moitas ocasións claras que serían desbaratadas por unha gran actuación do porteiro do Monfero, Losada.

Xa na segunda parte estaría o xogo máis equilibrado con ocasións polos
dous lados. O Caranza disporía dun penalti a favor que pararía o porteiro
do Monfero.

Nunha boa xogada do Monfero Samba sería derrubado na área local e o colexiado pitaría penalti. Sería o propio Samba o encargado de transformalo, poñendo en ventaxa ó equipo do Monfero.

A raíz do gol do Monfero, o Caranza iríase cara arriba en busca do empate que chegaría depois dun bo centro dende a banda que Losada non daría despexado.

A partires deste momento o partido entrou nuha fase de tolemia e nunha xogada por banda esquerda chegaría o centro que remataría en boca de gol o central do
Caranza poñendo no marcador ó que á postre sería o definitivo 2 a 1.

O Monfero gozaría doutro penalti a favor por man dentro da área do
Caranza. Pero nesta ocasión Samba non estaría tan acertado e o balón marcharía fora da portería.

O partido tería varias ocasións nos últimos minutos pero o marcador xa non se movería. O Caranza levou a victoria nun partido no que o Monfero
deixa boas sensacións e no que tal vez houbera merecido algo mais.

Ánimo rapaces e a pola primeira victoria da liga na casa.

Último triangular de pretempada

O último triangular de pretempada deixou os seguintes marcadores:

Monfero C.F. 1 - Peña Montesalgueiro 1

Peña Montesalgueiro 1 - Miño 5

Monfero C.F. 2 - Miño 1

domingo, 5 de septiembre de 2010

Enquisas ó Monfero C.F.


Xa falta pouco para que comece unha nova tempada na que o Monfero C.F. ten postas todas as súas ilusións. Pero antes, dende o blog monferocf.blogspot.com tratamos de recoller de primeira man cales son estas ilusións e expectativas que teñen os xogadores e parte do corpo técnico. Así que seguide atent@s as vindeiras semanas ó blog porque iremos dando boa conta do que nos dixeron cada un dos entrevistad@s.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Triangular de Vilarmaior (Crónicas)

Primeiro partido:
Monfero 1 - Bemantes 1
 (penaltis 5-4)

O primeiro partido do triangular de Vilarmaior quizáis foi o máis aburrido de todos. Os equipos tanteáronse bastante e as ocasións brilaron pola súa ausencia. Posiblemente as altas temperaturas e o sol abafador non axudaron a un ritmo de partido máis alto. Nos últimos intres o Monfero apretou un pouco máis, aínda que as ocasións non foron claras.
A emoción viría nos penaltis, que se decantarían a favor do Monfero por 5 goles a catro.

 O entrenador do Bemantes non daba crédito

Segundo partido:
Vilarmaior 1 - Bemantes 2

Tal vez por acabares de xogar o partido anterior contra o Monfero o Bemantes saiu moito máis enchufado desfrutando de varias ocasións e un dominio claro nos primeiros quince minutos. Aínda así sería o Vilarmaior o que se adiantaría no marcador.

A lesión do porteiro do Vilarmaior sería a peor noticia do triangular

Sen embargo, o Bemantes lonxe de amedrentarse comezou a poñer máis forza no seu xogo logrando o gol do empate, que sería un gol dubidoso xa que semellaba existir unha falta clara ó porteiro do Vilarmaior na súa saída. Esto tamén provocou algunha que outra situación de tensión entre os xogadores, quenes chegaron a ter algún encontronazo derivado das altas temperaturas do ambiente.

O Vilarmaior tratando de xogar o balón dende a defensa por baixo

Nos últimos quince minutos o Vilarmaior semellou acusar o cansancio pouco a pouco cedeu terreno no medio campo provocando que nunha xogada o Bemantes conseguira o 2 a 1 definitivo.

 Finalmente o fairplay triunfaría no encontro

Partido final:
Monfero 0 - Vilarmaior 0


O mesmo efecto derivado de xogar xusto antes provocaría que o Vilarmaior saíra a tope nos primeiros minutos, xerando algunha que outra aproximación á área do Monfero que non tivo problemas para resolver en defensa.
 Unha boa ocasión a cargo do Monfero
Outra ocasión do Monfero despexada pola defensa do Vilarmaior in extremis
De novo un disparo a porta con boas intencións por parte do Monfero
Un espontáneo que saltaría ó céspede na metade do partido
O árbitro esixiu que alguén botase á fera fora do campo

Sería o Monfero quen poñendo un pouco máis de técnica e xogo ordenado conseguiría desfrutar das mellores ocasións do partido, varios disparos entre os tres paús, unha falta ó longueiro e algún man a man entre xogadores do Monfero e o porteiro do Vilarmaior. Sen embargo o marcador ficaría impasible, e o empate a ceros daríalle ó Bemantes o triangular.

 Iván, quen xunto con Pikos sería un dos xogadores destacados do partido, disporía desta boa ocasión que ó final estrelaríase no longueiro baixo a atenta mirada do espontáneo

A mellor ocasión do Vilarmaior ó remate dun córner
 Semella incrible que fallaran esta ocasión man a man co porteiro
 
Losada tratando de darlle ó último empurrón ós seus compañeiros
O público desfrutando co xogo do seu equipo
Máis público desfrutando do fútbol
Público desfrutando do fútbol e do sol
 Entre a bancada poidemos ver a Pablo, xogador do Monfero recuperándose dunha escordedura de nocello
O expulsado vixiando de preto ó árbitro
Ó final todo o mundo marchou contento a desfrutar das festas de Vilarmaior que era o importante

Bemantes - 4 pts
Monfero - 2 pts
Vilarmaior - 0 pts