sábado, 22 de diciembre de 2012

Próxima Xornada

Último Partido;  Monfero 1 - 4 Aspirantes
Gol; Iván

Xornada 12

 
AspAspirantes-:-
MoeMoeche 
 
VañValdoviño-:-
MonMonfero 
 
EstEstrella-:-
RosRosalía 
                    CebCebarca-:-
BerBertón  

domingo, 9 de diciembre de 2012

Moeche 3-1 Monfero


Este domingo, 9 de Decembro, o Monfero visitou o campo do Moeche. Partido que se xogaba ás 16:00 da tarde.Correspondente á Xornada 10.

Os primeiros minutos non tiñan un dominante claro, pero co paso do tempo o Moeche foi quen colleu a manixa do encontro.No minuto 8' chegou xa o primeiro dos locais, por medio dun volea dende fóra da área,1-0.Cando se acercaba a media hora de partido,chegou o 2-0,logo dun pase en profundidade que aproveitou o dianteiro local.2 minutos mais tarde,o arbitro sinalou penalti a favor do Monfero por unhas maos dentro da área,o encargado de executalo era Pikos, que desaproveitou a oportunidade mandando o balón por encima do longueiro.No minuto 37' chegou o terceiro dos locais e practicamente a sentencia,sería logo dunha xogada de mala fortuna,na que Toñito meteu o balón na súa portería cando lle rebotou na perna despois dun centro dende a dereita,3-0.O único que se podía destacar do Monfero eran dúas ocasións de Dani e outra de Corta.O partido foise ao descanso co resultado de 3-0.

Na segunda parte cambiou todo claramente,despois de dous cambios,o Monfero colleu o dominio de partido,chegando con perigo á portería rival.O Moeche en toda a segunda metade só foi capaz de rematar unha vez á portería visitante.Aos 12 minutos,Losada, a un pase de Antón, poría de "cañito" o 3-1 e as esperanzas de remontada.O Monfero seguiu atacando,pero sen premio.

De novo,derrota do Monfero, que non consegue millorar a posición de último na clasificación.

Clasificación Xornada 10

Clasificación   Equipo Jugados G E P Goles Dife. Puntos
1 (1) Ceb Cebarca 10  20:6  14  24 
2 (3) Ros Rosalía 10  25:14  11  19 
3 (2) Vañ Valdoviño 10  24:12  12  18 
4 (4) Est Estrella 10  19:18  14 
5 (5) Ber Bertón 10  22:22  13 
6 (7) Moe Moeche 10  12:21  -9  10 
7 (6) Asp Aspirantes 10  13:20  -7 
8 (8) Mon Monfero 10  13:35  -22 

domingo, 2 de diciembre de 2012

Bertón 3-3 Monfero



Hoxe disputouse na Gándara o encontro que enfrontaba ao Bertón e ao Monfero ás 18:00

Na primeira parte o Bertón colleu o dominio do partido tendo a maioría das ocasións,só a destacar do Monfero un penalti que o porteiro local lle pararía a Antón.O dominio do Bertón véuse recompensado, xa que o marcador ó descanso sería de 3-0,a favor dos locais.

Na segunda parte,cambiou totalmente a dinámica do partido,o monfero colleu o dominio do partido, chegando á portería rival con perigo.Estaba indo unha avalancha de ocasións para os visitantes,e o Monfero empatou o partido,con tres goles,que serían obra de Iván,Antón e Manuel,3-3 e aínda buscando o cuarto nos últimos instantes.

O Monfero araña un empate que sabe a victoria logo do resultado que ía ó descanso,mais o Monfero segue de pecha-cancelas na clasificación, a 4 puntos do Moeche,co que se disputará o seguinte partido.


En directo;Bertón-Monfero

Primeira parte;
Ao descanso o Bertón xa leva unha considerable vantaxe sobre o Monfero,3-0.
Antón, desaproveitando a ocasión de recortar distancias,fallou un penalti,que llo pararía o porteiro.
Seguiremos informando.