Este domingo, 9 de Decembro, o Monfero visitou o campo do Moeche. Partido que se xogaba ás 16:00 da tarde.Correspondente á Xornada 10.
Os primeiros minutos non tiñan un dominante claro, pero co
paso do tempo o Moeche foi quen colleu a manixa do encontro.No minuto 8' chegou
xa o primeiro dos locais, por medio dun volea dende fóra da área,1-0.Cando se
acercaba a media hora de partido,chegou o 2-0,logo dun pase en profundidade que
aproveitou o dianteiro local.2 minutos mais tarde,o arbitro sinalou penalti a
favor do Monfero por unhas maos dentro da área,o encargado de executalo era
Pikos, que desaproveitou a oportunidade mandando o balón por encima do
longueiro.No minuto 37' chegou o terceiro dos locais e practicamente a
sentencia,sería logo dunha xogada de mala fortuna,na que Toñito meteu o balón
na súa portería cando lle rebotou na perna despois dun centro dende a
dereita,3-0.O único que se podía destacar do Monfero eran dúas ocasións de Dani
e outra de Corta.O partido foise ao descanso co resultado de 3-0.
Na segunda parte cambiou todo claramente,despois de dous
cambios,o Monfero colleu o dominio de partido,chegando con perigo á portería
rival.O Moeche en toda a segunda metade só foi capaz de rematar unha vez á
portería visitante.Aos 12 minutos,Losada, a un pase de Antón, poría de
"cañito" o 3-1 e as esperanzas de remontada.O Monfero seguiu
atacando,pero sen premio.
De novo,derrota do Monfero, que non consegue millorar a
posición de último na clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario