viernes, 16 de diciembre de 2011

Bemantes 1-4 Monfero

A primeira parte dominou o Monfero tendo ocasións e tocando ben a pelota.Á media hora de partido,Iván,recollería un centro da banda dereita,o balón quedaría morto e introduciría o balón no fondo das mallas.A primeira parte remataría 0-1


Na segunda parte o Monfero seguiuno intentando e nun erro da defensa local,Dani marcaría de rechace despois dun tiro de Pikos.Mais tarde,unha falta ao borde da área Iván cravaría o balón na escuadra poñendo o 0-3.O Bemantes por medio dun gol de vaselina, maquillaría o resultado pero máis tarde,Lauro,que acaba de entrar,nun contragolpe cruzou o balón á perfección para poñer o definitivo 1-4.

Vistoria adomicilio do Monfero que sigue escalando postos.
O mellor do partido:Iván polo seu doblete.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Clasificacion

Clasificación   Equipo Jugados G E P Goles Dife. Puntos
1 (1) SaM S. Mateo 11  36:15  21  27 
2 (2) Est Estrella 11  34:12  22  26 
3 (3) Moe Moeche 11  32:17  15  25 
4 (4) Nah Narahio 11  27:13  14  19 
5 (5) Asp Aspirantes 11  22:19  16 
6 (6) Ber Bertón 11  25:27  -2  15 
7 (7) XuC X.Cabanas 11  21:22  -1  14 
8 (8) Ceb Cebarca 10  18:21  -3  13 
9 (9) Mon Monfero 11  17:22  -5  12 
10 (10) Ros Rosalía 11  20:23  -3  10 
11 (11) Can Canido 11  18:46  -28 
12 (12) Bem Bemantes 10  8:41  -33 

ÚLTIMOS RESULTADOS

Monfero 2-2 Bertón
Goles:Iván e Javi

Monfero 1-1 Canido
Goles:Pikos

Cabanas 5-2 Monfero
Goles:2 Pikos

Monfero 2-4 San Mateo
Goles:Pikos e Corta Pequeno

martes, 15 de noviembre de 2011

Aspirantes 1-2 Monfero

A primeira parte comezou o Monfero a dominar e con bastantes ocasións, por exemplo, un largueiro de Javi.
Pero o Aspirantes espertou e marcaría de cabeza en unha posición dubidosa ,poñendo o 1-0.

Na segunda parte o Monfero comezou con ganas,con ganas de remontar,comezou a dominar e pitaríanlle un penalti a favor que Iván, trasformaría perfecto poñendo o empate (1-1).Seguiría loitando e Casilla,coa testa,poñería o 1-2 definitivo.

O Monfero,encadea dúas victorias seguidas e vaise acercando cada vez máis aos postos de promoción,van 6º a un punto da promoción.

10.000 VISITAS¡¡¡

Xa conseguimos 10.000 visitas,unha cifra impresionante e eso que só levamos dende Agosto do 2010.

Damos as grazas a todos aqueles que visitan o blog diariamente para chegar a esta cifra.

A dirección do blog.

Monfero 3-1 Rosalía

A primeira parte foi aburrida aínda que os dous equipos poideron adianterse algunhas veces.O Rosalía acabaría a primeira parte con 0-1 porque aos 15 minutos marcarían.

A segunda parte comezaría cun remate de Pikos que empataría poñendo o 1-1.A continuación Ángel dentro da área remataría e  batendo nun defensa o balón entraría na portería poñendo o 2-1.Despois,Roberto,tirándose en plancha remataría de cabeza marcando un golazo que significaría o 3-1.

Bonita e contundente remontada do Monfero que suma 3 puntos importantes.

lunes, 31 de octubre de 2011

Moeche 2-1 Monfero

O partido comezou intenso con ocasións para os dous lados e sería o Monfero quen se poñería por diante cando ían 15 minutos de xogo por medio dun gol de Dani pero na primeira xogada logo do saque de medio empataría o Moeche cun gol dentro da área que ven dunha falta sacada rápida  que colleu despitados aos defensas do Monfero.Á veira do descanso,Roberto erraría un penalti.

Xa na segunda parte o Monfero púidose adiantar pero non foi así porque,de falta directa dende tres cuartos de campo o balón colaríase na portería poñendo o 2-1.A raíz do gol o Monfero intentouno por todos os medios pero non conseguimos o empate.

Partido intenso no que Pitoto sería expulsado e o mellor xogador foi Dani polo gol.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Monfero 0-2 Cebarca

A primeira parte comezaría cun tempraneiro gol dos visitantes de falta directa.Máis tarde chegaría o segundo  de cabeza, despois de ahí o Monfero disporía dunhas ocasións nas que puido recortar o resultado.

Unha aburrida segunda parte con moito xogo duro do Cebarca con accións antideportivas(con todo o respecto) que non viñan ao caso aínda encima gañando pero hay que pasar páxina e preparar o vindeiro partido en Moeche.

domingo, 23 de octubre de 2011

Monfero - Cebarca

Hoxe ás 16:30 xogará o Monfero no Xestal ante o Cebarca buscando quitarse a espiña do Estrella.

domingo, 25 de septiembre de 2011

Monfero 2-1 Bemantes

O partido comezou cun tempraneiro gol de Pikos adiantando ao Monfero.A primeira parte estivo igualada con pouco fútbol.
A segunda parte foi louca con mais dominio do Bemantes, con moitas ocasión dos dous lados e moitas queixas para o árbitro por parte do Bemantes que empataría cun gol de vaselina  cando xa no quedaba moito tempo;pero o Monfero non se rindeu e peleou ata o final e así consiguería o gol da victoria por medio dun remate de cabeza de Manuel.

Primeiro partido e primeira victoria do Monfero que enpeza con bo pé.

Este ano como novidade diremos o mellor xogador do partido e creemos que hoxe o merece Roberto.

Comeza a liga¡¡¡

Hoxe,domingo 25 de Septembro comeza a liga con esperanzas postas no equipo de mellorar o papel do ano pasado.
Comezamos xogando na casa ante o Bemantes ás  16:45 no xestal que hoxe promete acoller un intenso partido.

Ánimo Monfero no teu primeiro partido e moita sorte.

domingo, 21 de agosto de 2011

1º trofeo da temporada.

O Monfero xogou o pasado domingo un partido amistso contra o Codesido.

O partido foi bastante igualado en liñas xerais pero o Monfero dispuxo de máis ocasións durante todo o encontro e intentou levar a iniciativa.
O equipo local adiantaríase no marcador cun gol dende fora da área do Monfero despois dun barullo tras a saída dun corner.
Os visitantes non se rendirían e xogando con 3 centrais na segunda parte atoparon o camiño do gol a falta duns 15 minutos para o final gracias a Pikos que bateu ó porteiro de tiro cruzado ca zurda.

Posto que tiña que haber un ganador chegouse á tanda de penaltis onde Pablo,Santi,Roberto,Casilla e Toñito non fallaron e deron o merecido trofeo ó Monfero¡




viernes, 12 de agosto de 2011

Pretemporada

O Monfero xa empezou a entrenar e xogou un partido contra unha peña de Montesalgueiro no que sería derrotado por 4-2 pero terán a oportunidade de coller confianza este domingo contra o Codesido que xa se viron ás caras  a tempada anterior.

Sobre novas fichaxes so parece que aomellor se vai vincular un porteiro chamado Carlos.
Grazas por visitar o blog e comentar
Un saúdo

martes, 26 de julio de 2011

Pretemporada

Este venres comezaran os adestramentos,vánse xa preparar para facer algo importante na liga.

domingo, 10 de julio de 2011

Torres 4-3 Monfero

O partido empezou cun gol do Torres de cabeza logo dun bo centro.Pablo empataría para o Monfero logo dun rexeite.O Torres adiantaríase de novo cun gol tamén de cabaza neste caso de Rubén.Corta poñería o 2-2 cun bonito gol de vaselina.Antes do descanso Pablo pola banda dereita poñería un balon a Iván para case empuxala.


Na segunda parte o Torres xogaría mellor e levaríase o partido con dous goles mais e poñendo o 4-3 nun partido que non foi o importante quen gañara si non homenaxear a Óscar.Un saúdo dende o blog.

sábado, 9 de julio de 2011

Partido amistoso

Nesta tarde de 9 de xullo celebrarase un partido amistoso entre o Torres e o Monfero na honra dun chaval chamado Óscar que sufriu un accidente.O encontro disputarase as 6 no campo do Vilarmaior.

Respecto a un comenterio; de altas non sabemos nada pero o que si é que nos deixa Losada,unha verdadeira pena.

Un saludo para Losada.

lunes, 4 de julio de 2011

Fin da tempada

Esta tempada 2010 - 2011 deixa moi boas sencións,cun equipo xove e con ganas.
A tempada rematou coa celebración da Copa de Ferrol,que enfrentaba a equipos desde primeira autonómica ata a terceira.
Empezaríamos na fase previa que nos faría ver a facianas contra o Bertón.
Fumos a Ferrol e gañamos 1-3,con goles de Manuel,Pikos e Samba e deixamos a eliminatoria encamiñada,na volta,no xestal tocaríanos sufrir co colexiado,porque pitaría 2 penaltis pro Bertón,o partido acabou en 2-3 e así o Monfero pasaría a deciseisavos  no que ramataría o conto contra o Barallobre a partido único alí que perderíamos 4-1 cun solitario gol de Pikos

Sentimos moito non actualizar antes o blog,foi porque tivemos ordenador a arranxar e non puidemos facer nada.
Un saludo do blog do equipo de Monfero,felices vacacións e ata o ano que ven¡

lunes, 18 de abril de 2011

Moeche 3-4 Monfero

O partido comezou cun forte dominio do Monfero que se vería recompensado,Tino,rouballe a carteira ao defensa rival e marca un bo gol dende a frontal da área para poñer o 0-1.O Monfero seguía apretando e Manuel poñería 0-2.Antes do descanso,o Moeche reaccionaría e marcou 2 goles pillando á defensa do Monfero descolocada.

A segunda parte comezou como acabara a primeira,o Moeche poñería o 3-2 cun remate de cabeza.A par tir de aí o Monfero reaccionou e colleu a batuta do partido,cando quedaban 15 minutos,Santi,cruzaría o balón marcando o gol do empate,o 3-3.A pikes de rematar o encontro,Roberto,poñería o 3-4 dándolle a victoria ao Monfero.


Todos xogaron xenial pero se ai que escoller a un como mellor xogador do partido escóllese a Pikos polo verdadeiro partidazo que fixo.

O Monfero acaba a tempada no 14 posto,con 25 puntos que superan claramente aos 14 do ano pasado.Pero isto no remata aquí porque dentro de pouco empezara á copa.

domingo, 3 de abril de 2011

Bemantes 0-2 Monfero

Na primeira parte foi o Monfero que levará a iniciativa.Cando ían 20 minutos,Tino marcaría un bonito gol de cabeza logo dunha falta botada por Pikos e o Bemantes non tivo case ningunha ocasión.

Na segunda parte o Monfero sería o claro dominador e con moitas ocasión.Cando quedaban 20 minutos,Lauro,marcaría un bon gol despois dunha boa xogada do Monfero.Despois o máis destacado sería o erro nun penalti se Samba.

Importante victoria do Monfero que deixa moi boas sensacións.

Alineación contra o Bemantes

                                                                        Losada

                                  Pablo            Pitoto                      Roberto       Ángel 


                                                            Pikos          Toñito

                                 Javi                              Dani                      Corta

                                                                     Tino 

lunes, 28 de marzo de 2011

Monfero 0-2 Narahío

A primeira parte estuvo marcada polo xogo duro e a mala actuación do árbitro.A mala actuación do árbitro foi debida a que o colexiado pitara dous penaltis a favor dos visitantes.O primeiro penalti:a parte de non selo era fora da área asi que en tal caso sería unha falta.Segundo:este é máis que dubidoso pero tamén creemos que Roberto lle da ao balón,non ao dianteiro.O partido iríase ao descanso cun 0-2.

Na segunda parte o guión non cambiaría moito.O máis destacado sería a inxusta expulsión de Roberto que como víchedes os que estabades presentes, a falta da segunda tarxeta non sería xusta porque esa falta non era merecedora de tarxeta.

Terceira derrota consecutiva do Monfero que ,este domingo xogou nun campo que non parecía un campo.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Últimos resultados

Monfero 2-4 Bertón,goles:Dani e Javi.
Ánimas 2-0 Monfero

Dúas derrotas contra rivais directos.

Ánimo Monfero¡¡¡

domingo, 13 de marzo de 2011

Xornada 25

As Pontes B - Libunca
Miño - Cebarca
Estrella - Cabañas
Monfero - Bertón
Caranza - Ánimas
Moeche - Narahío
Canido - Bemantes 

sábado, 12 de marzo de 2011

Monfero - Bertón

Partido moi importante para o Monfero porque si gaña sairá do penúltimo posto no que tanto tempo estivemos.
Ahora mismo,estamos a 3 puntos do Bertón e a 4 do Ánimas.
O partido será no campo do Xestal ás 14:30

Ánimo Monfero¡

lunes, 7 de marzo de 2011

Cabanas 1-3 Monfero

Un partido no que o Monfero xogou moi ben,e foille cómodo gañar por 1-3 ao Cabañas.Os goles do monfero foron de :0-1:Iván cun bonito remate de cabeza.0-2:Pikos cunha falta directa.0-3:Dani despois dunha bonita contra do Monfero.
Un Monfero que con estos 3 puntos xa está a 3 puntos do Bertón,que é con equipo que se enfrenta o Monfero para a semana no Xestal,e aparte o Monfero ten 1 partido menos.

domingo, 6 de marzo de 2011

Xornada 24

Libunca 2-9 Miño
Cabanas - Monfero
San Mateo - Estrella
Bertón - Caranza
Ánimas - Moeche
Narahío - Canido
Bemantes - As Pontes B

Descansa:UD Cebarca

Monfero Cf 1-1San Mateo

Un puntiño que sabe moi ben para o Monfero porque o San Mateo ía quinto na tabla.O gol do Monfero foi obra de Dani,cun bonito gol de cabeza.

sábado, 26 de febrero de 2011

Xornada 23

As Pontes B - A.D.Miño
Estrella - Cebarca
Monfero - San Mateo
Caranza - Cabañas
Moeche - Bertón
Canido - Ánimas
Bemantes - Narahío

lunes, 21 de febrero de 2011

Cebarca 2-2 Monfero

O partido na primeira parte estaba igualado,con ocasións para ambos equipos.Primeiro sería o Cebarca en adiantarse.Máis tarde o Monfero empataría logo dunha falta botada por “Casillas”que deu no pao,o rexeite quédalle a Javi e este cun centro-chut púxolle o balón en bandexa a Óscar para poñer o empate.

Xusto ao comezo da segunda parte,a nova incorporación Dani remataría de cabeza para poñer o 1-2.O dominio era do Monfero.A mala noticia do partido foi que expulsaran a Iván por dobre tarxeta amarela,pero iso non ía ser o peor,xa cando pasaban ¡7 minutos¡ do tempo reglamentario o Cebarca empataría logo dunha falta inexistente ao borde da área visitante.O Cebarca votaría a falta e despois dun revoltixo na área o Cebarca conseguiu poñer o 2-2 difinitivo.

En resumen:O Monfero lévase un puntito que sabe a pouco logo de ir gañando tanto tempo.

viernes, 18 de febrero de 2011

Xornada 22

Libunca - Estrella
Cebarca - Monfero
San Mateo - Caranza
Cabañas - Moeche
Bertón - Canido
Ánimas - Bemantes
Narahío - As Pontes B 

lunes, 14 de febrero de 2011

Monfero 3-3 Libunca

Un partido moi intenso que xa aos 5 minutos o partido xa iría empate a 1-1.Sería o Monfero que marcaría antes,cun bonito gol de Corta de cabeza, pero pouco despois o Libunca marcaría poñendo o 1-1.Despois o Monfero non tardaría en poñerse por diante,marcou Manuel despois de quedarse solo fronte o porteiro do Libunca.Xa cando estaba apunto de acabar a primeira parte,o árbitro inventouse un penalti na área do Libunca que transformaría Roberto.

Xa na segunda parte o partido parecía estar sentenciado pero o Libunca marcaría poñendo o 3-2.Despois,cando xa pasaba o tempo do minuto 90 o Libunca poñería o definitivo 3-3 que marcarían logo de unha falta ao borde da área que a defensa do Monfero non dou despexado.

Este partido demostra a mala sorte que ten o Monfero con todos os respetos ao Libunca pero ai que mirar o lado positivo que é que o Monfero se levou 1 puntiño.

sábado, 12 de febrero de 2011

Xornada 21

Estrella - Miño
Monfero - Libunca
Caranza - Cebarca
Moeche - San Mateo
Canido - Cabañas
Bemantes - Bertón
Narahío - Ánimas

viernes, 11 de febrero de 2011

Miño 3-1 Monfero

O partido comezou co dominio do Miño pero sin mitas ocasións.A 15 minutos de acabar a primeira parte o Miño adiantaríase cun gol de vaselina,era o 1-0.Xa a piques de acabar o primeiro tempo o Miño marcaría o 2-0.

Xa na segunda parte o Monfero saliría moito máis enchufado,con máis ocasións.O xogador do Monfero "Casilla"acortaría distancias cun bonito gol desde a frontal da área local.Xa casi co partido concluído o Miño marcou o definitivo 3-1

Partido na que a única boa noticia foi a de que Casilla se estreara como goleador.

jueves, 3 de febrero de 2011

Xornada 20

A.D Miño - Monfero
Libunca - Galicia De Caranza
Cebarca - Moeche
S.Mateo - Canido
Cabañas - Bemantes
Bertón - Narahío
Ánimas - As Pontes B

jueves, 27 de enero de 2011

Monfero - Cañoles

O partido que se debería xogar entre o Monfero e o Cañoles non xe xoga debido a que o Cañoles desapareceu.

A si que este domingo non hai fútbol

lunes, 10 de enero de 2011

Últimos resultados

Sentimos moito non poder actualizar o blog antes,estos son os últimos resultados do Monfero FC:



Canido 1-2 Monfero
Monfero 0-2 Caranza