lunes, 18 de abril de 2011

Moeche 3-4 Monfero

O partido comezou cun forte dominio do Monfero que se vería recompensado,Tino,rouballe a carteira ao defensa rival e marca un bo gol dende a frontal da área para poñer o 0-1.O Monfero seguía apretando e Manuel poñería 0-2.Antes do descanso,o Moeche reaccionaría e marcou 2 goles pillando á defensa do Monfero descolocada.

A segunda parte comezou como acabara a primeira,o Moeche poñería o 3-2 cun remate de cabeza.A par tir de aí o Monfero reaccionou e colleu a batuta do partido,cando quedaban 15 minutos,Santi,cruzaría o balón marcando o gol do empate,o 3-3.A pikes de rematar o encontro,Roberto,poñería o 3-4 dándolle a victoria ao Monfero.


Todos xogaron xenial pero se ai que escoller a un como mellor xogador do partido escóllese a Pikos polo verdadeiro partidazo que fixo.

O Monfero acaba a tempada no 14 posto,con 25 puntos que superan claramente aos 14 do ano pasado.Pero isto no remata aquí porque dentro de pouco empezara á copa.

domingo, 3 de abril de 2011

Bemantes 0-2 Monfero

Na primeira parte foi o Monfero que levará a iniciativa.Cando ían 20 minutos,Tino marcaría un bonito gol de cabeza logo dunha falta botada por Pikos e o Bemantes non tivo case ningunha ocasión.

Na segunda parte o Monfero sería o claro dominador e con moitas ocasión.Cando quedaban 20 minutos,Lauro,marcaría un bon gol despois dunha boa xogada do Monfero.Despois o máis destacado sería o erro nun penalti se Samba.

Importante victoria do Monfero que deixa moi boas sensacións.

Alineación contra o Bemantes

                                                                        Losada

                                  Pablo            Pitoto                      Roberto       Ángel 


                                                            Pikos          Toñito

                                 Javi                              Dani                      Corta

                                                                     Tino