martes, 24 de agosto de 2010

Triangular Festas Bemantes (final)

Monfero C.F. 0 - Bemantes 0

Foi un partido con moi poucas ocasións por ambas partes nos primeiros 30
minutos onde houbo moitas faltas.

Nos últimos 15 minutos do partido foi cando chegaron as ocasións mais claras dos dous equipos. A cargo de Sabín por parte do Bemantes mentres que pola banda do Monfero sería Samba quen disporía dunha das ocasións mais claras ó seres derrubado na área sen que o colexiado asubiara un penalti mais que dubidoso.




O encontro remataría con empate a cero no marcador, pero sería o Bemantes o que se levase o torneo grazas ó gol average particular xa que o Bemantes gañara ó Vilarmaior por 2-0.

A pesares de non gañar o triangular as sensacións de novo foron boas e por fin acadouse a primeira victoria da pretemporada, agora a polo triangular das Festas de Vilarmaior o día 29 de Agosto.

Ánimo Monfero!

Triangular Festas Bemantes (semifinal)

Vilarmaior 1 - Monfero C.F. 2
O partido comezou cunha forte presión do Monfero que grazas ás dúbidas
do Vilarmaior á hora de sacar o balón dende atrás logrou o primeiro
tanto arredor do minuto 10, unha cesión complicada cara o porteiro
rebotaría en Iván cando o gardameta pretendía despexalo e entraría na
portería poñendo ó Monfero por diante.




A partir de aí o Monfero comezou a dominar o encontro cunha clara
superioridade no medio do campo, froito deste dominio e tamén dun gran
erro defensivo dun central do Vilarmaior,a nova fichaxe do Monfero,
Samba, cunha gran arrancada logrou plantarse diante do porteiro e
gañar o espazo suficiente para meter o segundo tanto para o seu
equipo.

O Vilarmaior apretou a partir deste momento e dispuxo de ocasións, ata
que nun centro á area un erro na saída do porteiro chegaría o 2 a 1
definitivo preto do final do encontro.

domingo, 22 de agosto de 2010

lunes, 16 de agosto de 2010

Monfero 2 - Codesido 2


O primeiro partido de pretemporada do Monfero C. F. deixa boas sensacións despois do empate acadado ante o Codesido F. C.

O partido comezou cun claro dominio do Monfero que marcou ata en dúas ocasións na primeira parte. Sería Roberto quen abriría o marcador seguido pouco despois polo centrocampista Pikos. Pouco antes de rematar a primeira parte o Codesido reduciría distancias.

A segunda parte foi moito máis bronca, con xogo duro por ambas partes o que propiciou o empate do encontro por parte do Codesido a pesares de que o Monfero disfrutara de dúas ocasións bastante claras.

Finalmente o partido decidiuse na sempre inxusta tanda de penaltis, na que o Codesido con algo máis de fortuna gañou por 5 goles a 4. Sen embargo o vencedor moral por xogo e ocasións foi o Monfero quen deixa á afeción boas sensacións para o vindeiro encontro.

Ánimo rapaces e a pola primeira victoria!

jueves, 12 de agosto de 2010

Partido de pretemporada

Monfero C.F. - Codesido F.C
O Xestal
Sábado 14, 16:30

Por fin un partido de pretemporada do Monfero C.F. que se xogará a tarde (16:30) deste sábado 14 de agosto no campo do O Xestal .

martes, 10 de agosto de 2010

Lesión de pretemporada


O xogador Pablo Espiñeira estará de baixa de tres ou catro semanas debido a unha escordedura no seu nocello provocado por un rival nun partido de pretemporada.

Dende aquí todo o noso ánimo para que Pablo estea recuperado o antes posible e poda comezar a temporada en plena forma cos seus compañeiros.

Ánimo Pablo!

jueves, 5 de agosto de 2010

Pretemporada do Monfero C. F.


Xa comezou a pretemporada do Monfero C. F. con novas incorporacións no plantel: Javi Lauro, Golpe e o dianteiro africano Samba.

Este ano as ilusións están no mais alto e o equipo agarda mellorar a súa posición na taboa de clasificación da tempada 2009-2010

Ánimo rapaces!

lunes, 2 de agosto de 2010

Benvid@s ó clube


Benvid@s a tod@s aqueles que queirades saber do clube de fútbol de Monfero.

Este é o voso espacio para estar informados sobre os partidos, os xogadores, a clasificación e todas aquelas cousas que se refiran ó clube de fútbol de Monfero.

É un espacio aberto ás distintas opinións e interpretacións dos partidos e do propio clube, polo que vos animamos a que deades as vosas opinións.

Sen máis: BENVID@S Ó CLUBE!