Vilarmaior 1 - Monfero C.F. 2
O partido comezou cunha forte presión do Monfero que grazas ás dúbidasdo Vilarmaior á hora de sacar o balón dende atrás logrou o primeiro
tanto arredor do minuto 10, unha cesión complicada cara o porteiro
rebotaría en Iván cando o gardameta pretendía despexalo e entraría na
portería poñendo ó Monfero por diante.
A partir de aí o Monfero comezou a dominar o encontro cunha clara
superioridade no medio do campo, froito deste dominio e tamén dun gran
erro defensivo dun central do Vilarmaior,a nova fichaxe do Monfero,
Samba, cunha gran arrancada logrou plantarse diante do porteiro e
gañar o espazo suficiente para meter o segundo tanto para o seu
equipo.
O Vilarmaior apretou a partir deste momento e dispuxo de ocasións, ata
que nun centro á area un erro na saída do porteiro chegaría o 2 a 1
definitivo preto do final do encontro.
non estiven no partido pero contaronme que fora un partidazo
ResponderEliminarerro do porteiro??. ou erro do porteiro precedido dunha falta a el mesmo??
ResponderEliminar