lunes, 16 de agosto de 2010
Monfero 2 - Codesido 2
O primeiro partido de pretemporada do Monfero C. F. deixa boas sensacións despois do empate acadado ante o Codesido F. C.
O partido comezou cun claro dominio do Monfero que marcou ata en dúas ocasións na primeira parte. Sería Roberto quen abriría o marcador seguido pouco despois polo centrocampista Pikos. Pouco antes de rematar a primeira parte o Codesido reduciría distancias.
A segunda parte foi moito máis bronca, con xogo duro por ambas partes o que propiciou o empate do encontro por parte do Codesido a pesares de que o Monfero disfrutara de dúas ocasións bastante claras.
Finalmente o partido decidiuse na sempre inxusta tanda de penaltis, na que o Codesido con algo máis de fortuna gañou por 5 goles a 4. Sen embargo o vencedor moral por xogo e ocasións foi o Monfero quen deixa á afeción boas sensacións para o vindeiro encontro.
Ánimo rapaces e a pola primeira victoria!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
partidazo¡¡¡¡¡
ResponderEliminarJajajaja, segunda parte de xogo duro do Codesido, jajaj que partido vistes??, e tanda inxusta de penaltis?? primeiro o Codesido gañou 5-4 non 6-5 e que falledes o 4 penalti e inxusto?? en tal caso sera mala sorte!! O Codesido fixo moito mas xogo porque sempre foi por detras no marcadore foi quen levantou o 2-0 pero bueno o mellor houbo outro partido por ali o lado que foi o que vistes, o que hay que ver por non ser cego!!
ResponderEliminarGracias pola correción no erro do número de penaltis, por outra banda que un partido se decida nunha tanda de penaltis é inxusto, pero non viñamos a dicir que fora inxusta a tanda de penaltis do outro día. En canto ó xogo duro, non houbo dúbida de que foi polas dúas bandas e eso era o que queríamos dicir.
ResponderEliminarUn saúdo e agardamos volver a verte por aquí.
nada nada, al enemigo ni agua que se preparen los del Codesido para la próxima que los vamos a barrer.
ResponderEliminarNon estiven no partido pero a tanda de penalties sempre e inxusta, o sabe calquera que xogue o futebole
ResponderEliminar