lunes, 16 de agosto de 2010

Monfero 2 - Codesido 2


O primeiro partido de pretemporada do Monfero C. F. deixa boas sensacións despois do empate acadado ante o Codesido F. C.

O partido comezou cun claro dominio do Monfero que marcou ata en dúas ocasións na primeira parte. Sería Roberto quen abriría o marcador seguido pouco despois polo centrocampista Pikos. Pouco antes de rematar a primeira parte o Codesido reduciría distancias.

A segunda parte foi moito máis bronca, con xogo duro por ambas partes o que propiciou o empate do encontro por parte do Codesido a pesares de que o Monfero disfrutara de dúas ocasións bastante claras.

Finalmente o partido decidiuse na sempre inxusta tanda de penaltis, na que o Codesido con algo máis de fortuna gañou por 5 goles a 4. Sen embargo o vencedor moral por xogo e ocasións foi o Monfero quen deixa á afeción boas sensacións para o vindeiro encontro.

Ánimo rapaces e a pola primeira victoria!

5 comentarios:

  1. Jajajaja, segunda parte de xogo duro do Codesido, jajaj que partido vistes??, e tanda inxusta de penaltis?? primeiro o Codesido gañou 5-4 non 6-5 e que falledes o 4 penalti e inxusto?? en tal caso sera mala sorte!! O Codesido fixo moito mas xogo porque sempre foi por detras no marcadore foi quen levantou o 2-0 pero bueno o mellor houbo outro partido por ali o lado que foi o que vistes, o que hay que ver por non ser cego!!

    ResponderEliminar
  2. Gracias pola correción no erro do número de penaltis, por outra banda que un partido se decida nunha tanda de penaltis é inxusto, pero non viñamos a dicir que fora inxusta a tanda de penaltis do outro día. En canto ó xogo duro, non houbo dúbida de que foi polas dúas bandas e eso era o que queríamos dicir.
    Un saúdo e agardamos volver a verte por aquí.

    ResponderEliminar
  3. nada nada, al enemigo ni agua que se preparen los del Codesido para la próxima que los vamos a barrer.

    ResponderEliminar
  4. Non estiven no partido pero a tanda de penalties sempre e inxusta, o sabe calquera que xogue o futebole

    ResponderEliminar