domingo, 21 de agosto de 2011

1º trofeo da temporada.

O Monfero xogou o pasado domingo un partido amistso contra o Codesido.

O partido foi bastante igualado en liñas xerais pero o Monfero dispuxo de máis ocasións durante todo o encontro e intentou levar a iniciativa.
O equipo local adiantaríase no marcador cun gol dende fora da área do Monfero despois dun barullo tras a saída dun corner.
Os visitantes non se rendirían e xogando con 3 centrais na segunda parte atoparon o camiño do gol a falta duns 15 minutos para o final gracias a Pikos que bateu ó porteiro de tiro cruzado ca zurda.

Posto que tiña que haber un ganador chegouse á tanda de penaltis onde Pablo,Santi,Roberto,Casilla e Toñito non fallaron e deron o merecido trofeo ó Monfero¡




viernes, 12 de agosto de 2011

Pretemporada

O Monfero xa empezou a entrenar e xogou un partido contra unha peña de Montesalgueiro no que sería derrotado por 4-2 pero terán a oportunidade de coller confianza este domingo contra o Codesido que xa se viron ás caras  a tempada anterior.

Sobre novas fichaxes so parece que aomellor se vai vincular un porteiro chamado Carlos.
Grazas por visitar o blog e comentar
Un saúdo