martes, 30 de noviembre de 2010

Monfero CF 4-2 Ánimas


Monfero 4-2 Ánimas

Na primeira parte dominou un pouco máis o Monfero pero aos 15 minutos,o xogador do Ánimas regatearía ao porteiro do Monfero e mandaría o balón ao fondo da rede.O Monfero reaccionou en un córner pikos metería un bonito gol de cabeza,era o 1-1.Nunha xogada boa do Monfero Corta pinzouo  o balón en posible fora de xogo e meteu o 2-1.O Monfero estaba totalmente volcado e Samba,coa zurza metería un bonito gol dende a frontal pero aínda había tempo para que Manuel metera un gol pola escuadra do porteiro visitante,era o 4-1.


Ao comezar a segunda parte o Ánimas acortaría distancias poñendo o 4-2 difinitivo.A partir de aí o máis destacable foi a mala actuación do árbitro que expulsou ata 4 xogadores do Ánimas.

Victoria importante do Monfero que xa pensa no siguiente domingo.

jueves, 25 de noviembre de 2010

domingo, 21 de noviembre de 2010

Bertón 1-1 Monfero CF

O partido comezou con moi poucas ocasions. Cando a primeira parte ía rematar, o Bertón adiantouse cun tiro cruzado despois de varios regates no borde da área contra o que Roberto non puido facer nada, A raíz do gol O monfero comezou a presionar máis e un moi bo tiro de falta de Iván a punto está de colarse na portería local.

Na segunda parte os visitantes levarían a iniciativa en todo momento pero sin dispoñer de moitas ocasións, ata que Samba nun gran remate coa zurda e case sen ángulo metería un bonito gol de vaselina que fixo xustiza ó visto no campo.
A partires dese momento as forzas igualáronse e ambos equipos pudieron levar o partido, pero sería 1-1 o resultado final nun partido que o Monfero mereceu levar pola súa gran segunda parte.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Monfero Cf 1-5 Cabanas

Partido que se levou o cabanas pasado por auga.
O gol do Monfero foi obra de Iván.

Ánimo equipo¡¡

Monfero fs (categorías inferiores)

Benjamín:
 Sobrado 2-4 Irimon

Alevín:
Sobrado 6-0 Irimon

Infantil:

Sobrado 6-4 Irimon


Cadete:
Sobrado 2-1 Irimon





.















.

lunes, 8 de noviembre de 2010

San Mateo 3-0 Monfero CF

O partido comezou cun gol moi tempraneiro do S. Mateo no minuto 2.Aínda que o encontro estaba bastante igualado había poucas ocasións. Dez
minutos despois chegaría un mazazo paro o Monfero, o 2-0. A partir de
aí non houbo ningunha ocasión ata o descanso.

Na segunda parte a situación non cambiaría demasiado ata que ós 15
minutos chegou a sentencia do San Mateo, conseguindo o 3-0 nun disparo cuzado dende
a esquerda. Despois de eso tan só destacar como nota negativa a expulsión do xogador do Monfero, Roberto.

Xa co partido rematado, o colexiado expulsaría tamén a un xogador do San Mateo por protestar.

Ánimo rapaces que o domingo que ven contra o Cabanas imos a gañar!

Monfero Fs 0-3 Noia Fs

O equipo de fútbol sala de Monfero perdeu 0-3 o pasado sábado no Xestal.

Podedes mirar os resultados neste enlace:
http://www.fgfs-galicia.com/index.php?mod=resultados3&catego=66&njornada=6


E neste a clasificación:
http://www.fgfs-galicia.com/index.php?mod=clasifica2&catego=66

sábado, 6 de noviembre de 2010

Monfero CF 3 - UD Cebarca 2

A primeira parte do encontro transcurriu con moita igualdade, sen embargo sería o Cebarca quen se adiantaría no marcador cun gol de falta nos primeiros quince minutos. Á media hora un tiro dende a frontal pegado ó pau poría o 0-2 que semellaba definitivo.

O equipo non perdeu o ánimo e na segunda parte xa transcorrido o minuto 25, Toñito nun xenial remate acrobático conseguiría un verdadeiro golazo que se convertiría a partires dese momento nun claro dominio por parte do Monfero. Dominio que se reflectiría en catro ou cinco ocasións clarísimas a cargo de Samba e de Iván.


Outra boa noticia sería a reaparición de Corta no minuto 30, despois da lesión que o mantivera apartado dos últimos partidos. Non puido ser mellor a súa entrada no campo xa que forzaría un penalti que acabaría transformando Óscar, colocando o empate no marcador.

A pesares do dominio o Cebarca disporía dunha clarísima ocasión diante do porteiro que erraría estrepitosamente. E xa sabe que nesto do fútbol quen perdoa acabao pagando, xusto cando quedaban cinco minutos para rematar o partido, Samba internaríase na área e de tiro cruzado establecería o xa definitivo 3 a 2, dando a primeira victoria para o Monfero na súa propia casa.

Noraboa rapaces! Merecíadelo.

PRIMEIRA VICTORIA DO MONFERO CF ANTE O CEBARCA

Merecíadelo rapaces! E tamén toda a xente que vos apoia. Por fin chegou a primeira e tan desexada victoria do Monfero CF que lle permite sair dos últimos postos da táboa clasificatoria e respirar un pouco mellor con 5 puntos (e un partido menos), decididos a afrontar os seguintes partidos co ánimo alto.

SD Libunca 1 - Monfero CF 1

Resistese a primeira victoria do Monfero. Nesta ocasión tampouco pudo ser ante un frouxo S. D. Libunca que na primeira parte disporía de ata seis ocasións claras, dominando mais o xogo. Sen embargo xa na segunda parte o dominio sería do Monfero que mediante Samba acadaría o primeiro gol. Pero a decepción chegaría no último suspiro do partido cando o Libunca empataría o partido.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Campeonato de fútbol sala

Os dias 3,4 e 5 de Decembro hay un campeonato de Futbol Sala en Curtis o 1º Premio e de 1500€ e a inscripcion 100 se keredes ir mandade un email a : italianocasas@gmail.com e vos informamos de todo 

Grazas e vide

Atalantes 2-3 Monfero FS

O monfero de fútbol sala sigue sumando puntos,este vez contra o atalantes.