lunes, 8 de noviembre de 2010

San Mateo 3-0 Monfero CF

O partido comezou cun gol moi tempraneiro do S. Mateo no minuto 2.Aínda que o encontro estaba bastante igualado había poucas ocasións. Dez
minutos despois chegaría un mazazo paro o Monfero, o 2-0. A partir de
aí non houbo ningunha ocasión ata o descanso.

Na segunda parte a situación non cambiaría demasiado ata que ós 15
minutos chegou a sentencia do San Mateo, conseguindo o 3-0 nun disparo cuzado dende
a esquerda. Despois de eso tan só destacar como nota negativa a expulsión do xogador do Monfero, Roberto.

Xa co partido rematado, o colexiado expulsaría tamén a un xogador do San Mateo por protestar.

Ánimo rapaces que o domingo que ven contra o Cabanas imos a gañar!

1 comentario: