lunes, 31 de octubre de 2011

Moeche 2-1 Monfero

O partido comezou intenso con ocasións para os dous lados e sería o Monfero quen se poñería por diante cando ían 15 minutos de xogo por medio dun gol de Dani pero na primeira xogada logo do saque de medio empataría o Moeche cun gol dentro da área que ven dunha falta sacada rápida  que colleu despitados aos defensas do Monfero.Á veira do descanso,Roberto erraría un penalti.

Xa na segunda parte o Monfero púidose adiantar pero non foi así porque,de falta directa dende tres cuartos de campo o balón colaríase na portería poñendo o 2-1.A raíz do gol o Monfero intentouno por todos os medios pero non conseguimos o empate.

Partido intenso no que Pitoto sería expulsado e o mellor xogador foi Dani polo gol.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Monfero 0-2 Cebarca

A primeira parte comezaría cun tempraneiro gol dos visitantes de falta directa.Máis tarde chegaría o segundo  de cabeza, despois de ahí o Monfero disporía dunhas ocasións nas que puido recortar o resultado.

Unha aburrida segunda parte con moito xogo duro do Cebarca con accións antideportivas(con todo o respecto) que non viñan ao caso aínda encima gañando pero hay que pasar páxina e preparar o vindeiro partido en Moeche.

domingo, 23 de octubre de 2011

Monfero - Cebarca

Hoxe ás 16:30 xogará o Monfero no Xestal ante o Cebarca buscando quitarse a espiña do Estrella.