sábado, 23 de octubre de 2010

Monfero Fútbol Sala

Hoxe no pabellon do Xestal:

                                      Monfero FS - Irixoa FS  (20:00)

 

MONFERO 0 - MIÑO 1

A primeira parte estuvo bastante igualada aínda que con poucas ocasións. Habería dúas moi claras do Monfero: unha de falta de Picos dende o borde da área que parou moi ben o porteiro do Miño e outra de Toñito nun balón morto que pasou moi cerca do poste.

A segunda parte non cambiaría moito o conto, tamén con poucas ocasións aínda que o Miño tería algunhas máis, sobre todo levando perigo a balón parado. Así chegaría o gol dos visitantes nun barullo na área do Monfero, no que con bastante fortuna o Miño poría no marcador o 0-1 definitivo.


Ánimo equipo e a pola primeira victoria!

viernes, 22 de octubre de 2010

VAMOS EQUIPO A POLA PRIMEIRA VICTORIA


Aquí está practicamente o plantel ó completo, falta algún lesionado que de seguro poderase incorporar proximamente. Sabemos que nós ides dar moitas alegrías e agardamos que este domingo fronte ó SD Libunca sexa a primeira. Ánimo equipo e a pola primeira victoria.

sábado, 9 de octubre de 2010

ÓSCAR VIÑA RICO

Nome: Óscar Viña Rico

Posición: Central

Lugar de nacemento: Taboada - Monfero

Outros equipos: Xogaba ata hai tres anos no Eume

Por que decidiches xogar no Monfero?: Acababa nunca categoría e decidín xogar no equipo da miña terra

Cales son os obxetivos para esta tempada?: Acadar o mellor posto posible

En que posto cres que pode quedar o Monfero?: De terceiros

Monfero 0 - S.D. Estrella 2

Monfero 0-2 S.D. Estrella

O partido estivo bastante igualado na primeira parte e aínda que con poucas
ocasións, o Monfero tería un par delas clarísimas: unha de Picos que se estrelou no travesaño e outra de Samba diante do porteiro. Na primeira parte o colexiado mostraría dúas tarxetas amarelas ó Estrella tratando de frear o xogo duro.

A segunda parte foi moi dura polos dous lados e tamén con poucas ocasións. Nunha falta dende tres cuartos de campo chegaría o primeiro gol para o Estrella, un golazo pola escadra axustado e con forza.

Xa máis tarde o Monfero segiría sin facer perigo e outra vez mediante unha xogada de balón parado, o Estrella poría o definitivo 2-0.


E así acabou o partido no que o Estrella levouse os tres puntos e Monfero mereceu algo máis.

viernes, 1 de octubre de 2010

Entrevista a Antonio Ares



Nome: Antonio Ares Rego (Vicepresidente do Monfero CF)

Posición: Centrocampista

Lugar de nacemento: Aranga

Outros equipos: Xogaba ó fútbol sala

Por que decidiches xogar no Monfero?: Casi me viñeron a buscar por forza (risas)…gústame xogar.

Cales son os obxetivos para esta tempada?: Principalmente o ascenso

En que posto cres que pode quedar o Monfero?: De segundos