Hoxe disputouse na Gándara o encontro que enfrontaba ao Bertón e ao Monfero ás 18:00
Na primeira parte o Bertón colleu o dominio do partido tendo a maioría das ocasións,só a destacar do Monfero un penalti que o porteiro local lle pararía a Antón.O dominio do Bertón véuse recompensado, xa que o marcador ó descanso sería de 3-0,a favor dos locais.
Na segunda parte,cambiou totalmente a dinámica do partido,o monfero colleu o dominio do partido, chegando á portería rival con perigo.Estaba indo unha avalancha de ocasións para os visitantes,e o Monfero empatou o partido,con tres goles,que serían obra de Iván,Antón e Manuel,3-3 e aínda buscando o cuarto nos últimos instantes.
O Monfero araña un empate que sabe a victoria logo do resultado que ía ó descanso,mais o Monfero segue de pecha-cancelas na clasificación, a 4 puntos do Moeche,co que se disputará o seguinte partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario