martes, 21 de septiembre de 2010

Caranza 2 - Monfero C.F. 1

A liga comeza cunha derrota que puido ser un empate no campo do Caranza:

Caranza 2 - Monfero 1

O partido comenzou cun forte dominio do Caranza que durou toda a primeira parte. Cun xogo combinativo e xerando moitas ocasións claras que serían desbaratadas por unha gran actuación do porteiro do Monfero, Losada.

Xa na segunda parte estaría o xogo máis equilibrado con ocasións polos
dous lados. O Caranza disporía dun penalti a favor que pararía o porteiro
do Monfero.

Nunha boa xogada do Monfero Samba sería derrubado na área local e o colexiado pitaría penalti. Sería o propio Samba o encargado de transformalo, poñendo en ventaxa ó equipo do Monfero.

A raíz do gol do Monfero, o Caranza iríase cara arriba en busca do empate que chegaría depois dun bo centro dende a banda que Losada non daría despexado.

A partires deste momento o partido entrou nuha fase de tolemia e nunha xogada por banda esquerda chegaría o centro que remataría en boca de gol o central do
Caranza poñendo no marcador ó que á postre sería o definitivo 2 a 1.

O Monfero gozaría doutro penalti a favor por man dentro da área do
Caranza. Pero nesta ocasión Samba non estaría tan acertado e o balón marcharía fora da portería.

O partido tería varias ocasións nos últimos minutos pero o marcador xa non se movería. O Caranza levou a victoria nun partido no que o Monfero
deixa boas sensacións e no que tal vez houbera merecido algo mais.

Ánimo rapaces e a pola primeira victoria da liga na casa.

7 comentarios:

  1. Como lector del blog y aficionado del Monfero C.F. os animo a que sigáis haciendo vuestro trabajo y que paséis de los comentarios de los que no hacen nada en su vida y no se dedican a otra cosa más que a criticar lo que hacen los demás.
    Ánimo y adelante que la gente del Monfero os agradece vuestro trabajo.

    ResponderEliminar
  2. caranza merda caranza merda caranza merda

    ResponderEliminar
  3. Este e o equipo rapaces!!!! PODEDES!!!!. Hai un bo equipo, xa se vio contra o caranza. e iso q faltaba rober.jiji

    ResponderEliminar
  4. animo la liga solo acaba de empezar, y quien es ese Javier, le vamos a dar para el pelo por listillo

    ResponderEliminar
  5. Esperemos q toda esa xente que di q vai ir o futbol maña vaia. si e asi, maña habra moita xente. iso esperamos todos!!!!.hala monfero!!!!

    ResponderEliminar
  6. VAMOS MONFERO¡¡maña contra o As Pontes B ai que gañar

    ResponderEliminar
  7. Os dias 3,4 e 5 de Diciembre hay un campeonato de Futbol Sala en Curtis o 1º Premio e de 1500€ e a inscripcion 100 se keredes vir mandadema un email a : italianocasas@gmail.com e informovos de todo Graias e vide

    ResponderEliminar