miércoles, 1 de septiembre de 2010

Triangular de Vilarmaior (Crónicas)

Primeiro partido:
Monfero 1 - Bemantes 1
 (penaltis 5-4)

O primeiro partido do triangular de Vilarmaior quizáis foi o máis aburrido de todos. Os equipos tanteáronse bastante e as ocasións brilaron pola súa ausencia. Posiblemente as altas temperaturas e o sol abafador non axudaron a un ritmo de partido máis alto. Nos últimos intres o Monfero apretou un pouco máis, aínda que as ocasións non foron claras.
A emoción viría nos penaltis, que se decantarían a favor do Monfero por 5 goles a catro.

 O entrenador do Bemantes non daba crédito

Segundo partido:
Vilarmaior 1 - Bemantes 2

Tal vez por acabares de xogar o partido anterior contra o Monfero o Bemantes saiu moito máis enchufado desfrutando de varias ocasións e un dominio claro nos primeiros quince minutos. Aínda así sería o Vilarmaior o que se adiantaría no marcador.

A lesión do porteiro do Vilarmaior sería a peor noticia do triangular

Sen embargo, o Bemantes lonxe de amedrentarse comezou a poñer máis forza no seu xogo logrando o gol do empate, que sería un gol dubidoso xa que semellaba existir unha falta clara ó porteiro do Vilarmaior na súa saída. Esto tamén provocou algunha que outra situación de tensión entre os xogadores, quenes chegaron a ter algún encontronazo derivado das altas temperaturas do ambiente.

O Vilarmaior tratando de xogar o balón dende a defensa por baixo

Nos últimos quince minutos o Vilarmaior semellou acusar o cansancio pouco a pouco cedeu terreno no medio campo provocando que nunha xogada o Bemantes conseguira o 2 a 1 definitivo.

 Finalmente o fairplay triunfaría no encontro

Partido final:
Monfero 0 - Vilarmaior 0


O mesmo efecto derivado de xogar xusto antes provocaría que o Vilarmaior saíra a tope nos primeiros minutos, xerando algunha que outra aproximación á área do Monfero que non tivo problemas para resolver en defensa.
 Unha boa ocasión a cargo do Monfero
Outra ocasión do Monfero despexada pola defensa do Vilarmaior in extremis
De novo un disparo a porta con boas intencións por parte do Monfero
Un espontáneo que saltaría ó céspede na metade do partido
O árbitro esixiu que alguén botase á fera fora do campo

Sería o Monfero quen poñendo un pouco máis de técnica e xogo ordenado conseguiría desfrutar das mellores ocasións do partido, varios disparos entre os tres paús, unha falta ó longueiro e algún man a man entre xogadores do Monfero e o porteiro do Vilarmaior. Sen embargo o marcador ficaría impasible, e o empate a ceros daríalle ó Bemantes o triangular.

 Iván, quen xunto con Pikos sería un dos xogadores destacados do partido, disporía desta boa ocasión que ó final estrelaríase no longueiro baixo a atenta mirada do espontáneo

A mellor ocasión do Vilarmaior ó remate dun córner
 Semella incrible que fallaran esta ocasión man a man co porteiro
 
Losada tratando de darlle ó último empurrón ós seus compañeiros
O público desfrutando co xogo do seu equipo
Máis público desfrutando do fútbol
Público desfrutando do fútbol e do sol
 Entre a bancada poidemos ver a Pablo, xogador do Monfero recuperándose dunha escordedura de nocello
O expulsado vixiando de preto ó árbitro
Ó final todo o mundo marchou contento a desfrutar das festas de Vilarmaior que era o importante

Bemantes - 4 pts
Monfero - 2 pts
Vilarmaior - 0 pts

3 comentarios:

  1. Esta crónica está mal, o Bemantes gañou ó Vilarmaior, e o Monfero se empatou os dous partidos pois terá 2 puntos non 4. O Bemantes é o que ten 4 puntos.

    ResponderEliminar
  2. certo, antes de escribir algo hai q cerciorarse.
    monfero 1 bemantes 1 (e non foron 5-4 a penaltis q tiraron algun mais)

    bemantes 2 vilarmaior 1

    monfero 0 vilarmaior 0

    o final: bemantes 4puntos, monfero 2 e vilarmaior 1.....quen vos pasaria esa cronica???

    ResponderEliminar
  3. Temos que pedir disculpas pola crónica inicial porque tivemos uns erros nos nosos apuntes, de tódolos xeitos, gracias por estares aí para correxirnos ;) e tamén para visitar e comentar no blog.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar