domingo, 12 de febrero de 2012

Monfero 6-3 Moeche

O partido comezou cun dominio do Monfero e tamén cun gol de Javi,unha volea na frontal da área.Pouco despois Corta Grande a un centro dende a dereita pon o 2-0 na área pequena.A partir de aí o Moeche reaccionou e marcou dous goles de falta directa significando o empate.Logo,antes do descanso os visitantes marcaron de unha xogada individual poñendo o 2-3.

Na segunda parte arrancou con dous cambios e a partir de aí cambiou totalmente o partido.O Monfero empezou a dominar e a sacar o balón xogado dende atrás e pouco tardou Pikos en poñer o empate dende tres cuartos de campo logo dun erro do porteiro.O Monfero non se conformou co empate e Iván dende a frontal da área puxo,de volea,o 4-3.Seguiron e seguiron e nun córner,Ángel remata só na área pequena e pon o 5-3.Aínda quedaban forzas e Corta Pequeno no desconto marcou un golazo de vaselina poñendo o difinitivo 6-3.Mellor do partido:TODO O EQUIPO

Remontada heróica do Monfero nun tarde xélida no Xestal no que conseguiron unha gran victoria sobre todo moral.

2 comentarios: