lunes, 8 de octubre de 2012

Rosalía 3-1 Monfero

Onte,7 de Outubro,celebróuse o primeiro choque da tempada,era ante o Rosalía,no campo "O Lameiro"






O partido comezou igualado,pero sen claras ocasións en toda a primeira parte,mais, o Rosalía aos 15 minutos adántaríase no marcador cun tiro raso pegado aoposte logo dun erro defensivo.Faltaba pouco para irse ao descanso cando,Javi,provocou un penalti logo dun boa xogada persoal,o cal tranformaría Roberto para poñer o empate,1-1.

Na segunda parte non mudaría o guión.Aínda que se pode decir que o Monfero estaba mais activo, o segundo dos locais non tardou en chegar,un tiro de falta directa polo pau do porteiro.Podemos destacar,un gol anulado a Roberto por falta en ataque,un disparo de Javi dentro da área sacado polo porteiro e algún tiro de Alberto dende fóra da área.Xa a piques de rematar o encontro,os locais sentenciarían cun gol coa testa picado logo dun centro dende a dereita.

Para a semana que ven,o Monfero xogará na casa ante o Bertón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario