sábado, 23 de octubre de 2010

MONFERO 0 - MIÑO 1

A primeira parte estuvo bastante igualada aínda que con poucas ocasións. Habería dúas moi claras do Monfero: unha de falta de Picos dende o borde da área que parou moi ben o porteiro do Miño e outra de Toñito nun balón morto que pasou moi cerca do poste.

A segunda parte non cambiaría moito o conto, tamén con poucas ocasións aínda que o Miño tería algunhas máis, sobre todo levando perigo a balón parado. Así chegaría o gol dos visitantes nun barullo na área do Monfero, no que con bastante fortuna o Miño poría no marcador o 0-1 definitivo.


Ánimo equipo e a pola primeira victoria!

1 comentario:

  1. Animo q a primeira victoria chega maña contra o libunca!!!. Este equipo non e malo e tocou un comezo de tempada dificil!!!.Xa veredes, monfero mitade de tabla.Eso si, maña hai q morrer no campo!!!!

    ResponderEliminar