domingo, 25 de noviembre de 2012

Monfero 1-3 Rosalía

Hoxe, 25 de novembro, disputouse o partido entre o Monfero e o Rosalía,correspondente á xornada 8.

Os visitantes empezaron moi fortes, e nos 10 primeiros minutos meteron dous goles, en dúas xogadas que chegaron á porteria local.Aos 30 minutos expulsarían a un xogador do Rosalía.Cando millor estaba o Monfero,chegou o terceiro dos visitantes, no que só, dentro da área remataría o xogador para poñer o 0-3.

Na segunda parte o Monfero colleu os mandos do partido,poñendo unha defensa de 3, o Monfero arrollou,mais, non é esaxerado dicir que o Rosalía,en todo o segundo tempo,non remataría á porta en ningunha ocasión.O dominio era total,pero só se consigueu un gol,de Antón,coa perna esquerda ao pau largo,1-3.


1 comentario:

  1. Descubrín este blog fai poucas datas e leo o pequeno resumo de cada partido do Monfero cada semana. Fai unhas datas fun ver un dos partidos deste equipo e realmente sorprendeume que o equipo é merecedor da posición que ocupa pero non porque sexa inferior ó resto dos equipos senon polo estado de "agresividad interna permanente" coa que a maioría dos seus xogadores actúan. No partido que eu estiven, o porteiro autoexpulsouse dándolle unha patada ó dianteiro rival cando xa tiña o balón no seu poder (incriblemente o árbitro expulsouno,como correspondía, pero non reanudou o xogo co lanzamento do penalti cometido). A partir de ahí cada xogada parecía unha vinganza persoal: foras de banda, corners, faltas, o balón era o de menos... todo era interpretado coma un "ataque" ó equipo local. Xa mediada a segunda parte un xogador local decide por propia iniciativa abandonar o terreo do xogo deixando unha porta fora do seu carril no seu camiño... en fin un comportamento completamente reprochable en xente que se supón busca disfrutar do seu deporte nas súas horas de lecer. Non considerándome a persoa adecuada para analizar a situación deste equipo pola miña ignorancia do mesmo, creo que é un equipo que debe tranquilizar o seu ambiente interno é adicarse o xogo en sí, olvidándose dos árbitros, riváis, etc, e buscándose a si mesmo xa que ten mimbres moi interesantes cos que reiniciar o seu camiño: boa afición a pesar dos resultados e algúns xogadores interesantes como Antón, Pikos e supoño que outros que ese día non destacaron pero que poden aportar moito a esa entidade. Un saúdo, noraboa ó autor deste blog e ánimo os membros do Monfero C.F.

    ResponderEliminar