sábado, 6 de noviembre de 2010

Monfero CF 3 - UD Cebarca 2

A primeira parte do encontro transcurriu con moita igualdade, sen embargo sería o Cebarca quen se adiantaría no marcador cun gol de falta nos primeiros quince minutos. Á media hora un tiro dende a frontal pegado ó pau poría o 0-2 que semellaba definitivo.

O equipo non perdeu o ánimo e na segunda parte xa transcorrido o minuto 25, Toñito nun xenial remate acrobático conseguiría un verdadeiro golazo que se convertiría a partires dese momento nun claro dominio por parte do Monfero. Dominio que se reflectiría en catro ou cinco ocasións clarísimas a cargo de Samba e de Iván.


Outra boa noticia sería a reaparición de Corta no minuto 30, despois da lesión que o mantivera apartado dos últimos partidos. Non puido ser mellor a súa entrada no campo xa que forzaría un penalti que acabaría transformando Óscar, colocando o empate no marcador.

A pesares do dominio o Cebarca disporía dunha clarísima ocasión diante do porteiro que erraría estrepitosamente. E xa sabe que nesto do fútbol quen perdoa acabao pagando, xusto cando quedaban cinco minutos para rematar o partido, Samba internaríase na área e de tiro cruzado establecería o xa definitivo 3 a 2, dando a primeira victoria para o Monfero na súa propia casa.

Noraboa rapaces! Merecíadelo.

1 comentario:

  1. Qué tensión de partido... pero ahí é cando se ven as consecuencias de non rendirse...

    Ánimo Corta, a túa reincorporación era o empurronciño que nos faltaba.

    Un saúdo, blogueiros

    Lucy*

    ResponderEliminar